Terapia psicolóxica en Santiago de Compostela
Habitarte con seguranza, presenza e conexión.
Terapia para quen sostén e está para todos, pero se esqueceu de si mesmo.
Funcionas. Cumpres. Segues adiante. Pero sentes que falta algo. Quizais sexa momento de escoitalo.
Quizais che soa
Identifícaste con algunha destas situacións?
- Se me dedico tempo síntome culpable. Non me permito deixar de traballar. Autoesíxome moito e son moi perfeccionista.
- Por fóra funciono e pareza estable, pero por dentro hai moito ruído.
- Repito patróns e métome en relacións que me fan dano.
- Dou moito nas miñas relacións, pero cústame recibir.
- Sinto que o meu fillo/a está máis triste, medoñento, irritable ou inseguro/a, e non sei como axudarlle a xestionar o que lle está a pasar.
- Ao meu fillo/a cústalle relacionarse con outros nenos e ten dificultades para facer amigos.
Especialidades
En que acompaño
Traballo con adultos, adolescentes e infancia. Trauma relacional e apego, TDAH e TEA, xestión emocional, habilidades sociais, duelo e orientación vocacional. Cada proceso adáptase ás túas necesidades.
Ver servizos →Sobre min

Ola, chámome Aida. Son Psicóloga Sanitaria especializada en trauma relacional, apego e trastornos do neurodesenvolvemento (TDAH e TEA). Acompaño a nenos, adolescentes e adultos que viven dende a ansiedade, o medo ao abandono, a autoesixencia ou o autoabandono a sandar dende a raíz e a volver a sentirse seguros. En terapia crearemos un espazo de confianza para entender a túa historia, sandar patróns e volver a atoparte contigo.
Traballo dende un enfoque integrador e somático que combina ACT, TCC, EMDR, IFS e terapia sistémica, cunha base na teoría do apego e do trauma.
O máis importante para min é que cada persoa poida saír de terapia con algo que ninguén lle pode quitar: a capacidade de sosterse a si mesma. Que poida comprender o que sente, escoitalo sen medo e deixar de vivir as súas emocións como algo que ten que controlar, evitar ou combater.